domingo 19 de noviembre de 2017 -
A Revolta | Magazine Cultural Online

DA COEDUCACIÓN

Pinceladas lingüísticas sobre o uso do xenérico

 “A lingua pode ser de todas e de todos: non é un sistema ríxido, pechado a calquera mutación senón, ao contrario, o cambio está previsto nas súas mesmas estruturas; é un sistema dinámico, un medio flexible, en continua transformación, potencialmente aberto a escribir nels infinitos significados e por iso prevé tamén as expresións da experiencia humana feminina ”.

FRANCESCA GRAZIANI

 
Non foi ata ben entrado o século XX que dous dos principios ilustrados, igualdade e liberdade, comezaron a pensarse para as mulleres no ámbito escolar. Ata entón só se pensaba en educar á muller para levar a cabo un rol social limitado ao espazo doméstico, por iso é polo que desde os inicios a educación entre nenas e nenos foi completamente diferente. Botando a vista atrás recordaremos que ata 1783 as nenas no Estado español non podían ir á escola. Carlos III permite entón a escolarización, atendendo a que elas fosen boas esposas e nais, mentres que eles se encargaban de achegar o benestar económico e tomar decisións para a súa familia. Podemos dicir que o carácter obrigatorio da escola para nenos e nenas aparecerá definitivamente en España grazas á Lei Moyano, en 1857. A escola mixta, pola súa banda, chegará en 1909 co Real Decreto do 26 de outubro.

Escola nenas Vilachá (Monfero) A Coruña. Foto: La Estilográfica

Portada  dos libros de vistas da Inspección Escola de Nenas e Escola de Nenos de Vilachá (Monfero) Foto: La Estilográfica

 Escolas mixtas vs. escolas coeducativas

Malia todo o dito non hai que confundir nin asociar o termo escola mixta con escola coeducativa, pois o agrupamento de nenos e nenas nun mesmo lugar non implica a existencia dun ensino xusto e igualitario, tanto é así que máis aló da aparente neutralidade a mediados dos anos oitenta empezarán a aparecer no país os primeiros traballos de autores que cuestionan o modelo existente de escola mixta, como é o caso de Santos Guerra ou Subirats e Brullet. A través deles vemos como o sistema de educación vai procreando papeis e roles totalmente diferenciados entre mozos e mozas, que non fan máis que remarcar as diferenzas sociais entre ambos, de maneira que a escola se limitaba soamente a reproducir a orde social preestablecida. Podemos partir pois da idea de que desde as orixes do sistema educativo, o xeito de tratar a nenos e nenas foi moi diferente.

Escola Vilachá. Material. Foto: La Estilográfica Escola Vilachá. Material. Foto: La Estilográfica

Material da Escola de Nenas de Vilachá (Monfero) Foto: La Estilográfica

 Coeducar vs. Educar

Afortunadamente na actualidade ábrese para @s docentes unha valiosa arma en contra das desigualdades no terreo educativo. Xunto á idea de educar, é dicir, potenciar o desenvolvemento de todas as posibilidades e actitudes dunha persoa, ofrécesenos a de coeducar, cousas ben distintas, xa que,  en palabras de Montserrat Moreno: cooeducar non é xustapor nunha mesma clase a individuos de ambos sexos, nin tampouco é unificar, eliminando as diferenzas mediante a presentación dun modelo único. Non é uniformizar as mentes de nenas e nenos senón que, pola contra, é ensinar a respectar o diferente e a gozar da riqueza que ofrece a variedade. Vemos polo tanto que a idea de coeducación é máis ampla e rica que o que se lle outorgou ao ensino mixto. Remarcando esta definición, convén destacar o importante papel da escola e das mestras e os mestres na loita por esta educación non sexista, abrindo camiños e neutralidades no alumnado de maneira que repercutan no cambio social. Moitos se preguntarán como facelo, pois un exemplo sinxelo polo que empezar podería ser a modificación do Curriculum Oculto, é dicir, as normas e valores que son implícitas pero eficazmente ensinadas na escola e das que non se adoita falar nas declaracións de fins ou obxectivos do profesorado. Nel, o sesgo de xénero vese modificado inconscientemente en cuestións como os materiais empregados que tenden a ser sexistas, tanto a través de debuxos como de contido ou de lingua. Basta con fixarse no xeito en que se expresan os contidos en frases tales como: “ás mulleres concedéronlles o voto trala I Guerra Mundial” cando o correcto sería afirmar que “as mulleres conseguiron o dereito ao voto trala I Guerra Mundial”. Como afirma Montserrat Moreno seguindo cos conceptos históricos podemos ler nun libro de historia que “a característica fundamental da cultura grega é o concepto da liberdade do home” cando o texto non menciona en ningún momento que as mulleres atenienses non tiñan -do mesmo xeito que os escravos- dereito a votar nin a participar en ningún cargo do goberno. A palabra “todos” refírese, pois, exclusivamente a aqueles individuos de sexo masculino que tiñan a calidade de cidadáns atenienses, co cal non nos queda a menor dúbida de que o libro en cuestión cada vez que fala de “home” estase referindo a “varón” e que á muller nin tan sequera se toma a molestia de mencionala aínda que sexa para dicir que non posuía ningún dos dereitos que atribúe a “todos” os atenienses. O desprezo total á muller é, pois, a característica do texto, que se pretende educativo.

O androcentrismo centrado no uso do xenérico

Sobre o dito anteriormente, é necesario facer fincapé nun controvertido tema a este respecto como é o do uso na escola do xenérico masculino. En castelán e en galego téndese a usar o masculino para referirse indistintamente a ambos sexos, así, na escola, abunda o uso de “profesores” e “alumnos”, incluíndo en ambos casos tamén ao xénero feminino. Na práctica cabería preguntarse por que esta falta de recoñecemento verbal ao xénero feminino na escola cando son “elas” nunha ampla porcentaxe as que se adican ao ensino e as que en maior número poboan a escola? Moitos sectores opóñense ao uso masculino e feminino afirmando que isto supón un atentado contra a economía expresiva inherente á linguaxe humana. Con todo, compre recordar que esta idea da economía no uso da linguaxe non é un valor en si mesmo, senón que ten sentido ou non en función das intencións do texto, da situación, etc. A economía da linguaxe está ben cando falamos de anuncios por palabras, eslóganes ou breves nun periódico pero por que suprimir palabras cando a súa eliminación do discurso supón a eliminación dunha parte deste.  É necesario neste sentido ser moi conscientes de que é fundamental incluír ao xénero feminino no momento de dicir, de nomear, porque a riqueza da lingua facilítanos, en favor desa economía lingüística, que algúns e algunhas usan como desculpa para obviar ás mulleres nos seus discursos, un sinfín de términos xenéricos que inclúen tanto ao masculino como ao feminino: que tal “profesorado” no canto de “profesores” ou “alumnado” no canto de “alumnos”. Convén polo tanto recordar, e en especial por parte do profesorado e de cara ao alumnado, que aquilo que non se nomea non existe, e as mozas, as mestras, as directoras, as xefas de estudos ou de departamento, as subdirectoras, as bedelas, as orientadoras, as psicólogas e un amplo número de mulleres estamos presentes nas aulas, así que por favor ¡noméennos!

 

http://www.loquenosenombra.blogspot.com.es/

Si te gusta este artículo, ¡compártelo!

2 Comentarios

  1. Chema Rios 17 septiembre, 2013 at 21:11

    Buen artículo. Solo que pasa por alto un detalle importante digno de matizar: En general las niñas son superiores a los niños en madurez, disciplina, agilidad mental en es época escolar (luego se equilibra algo) y se refleja en las calificaciones de las asignaturas en esta época, en las pruebas de selectividad etc. Es como si jugaran equipos de futbol de primera división(niñas) contra los de tercera division(niños). Y eso se debería tratar de alguna manera.

  2. Chema Rios 17 septiembre, 2013 at 21:21

    En lo del Androcentrismo, no estoy de acuerdo. Yo economizo hasta en la respiración.

Dejar una respuesta