viernes 19 de octubre de 2018 -
A Revolta | Magazine Cultural Online

EXERCICIOS PARA A MEMORIA HISTÓRICA

manos_L

A MEMORIA é a capacidade para almacenar, reter e lembrar información… non existe un único lugar físico para ela no noso cerebro, de xeito que se espalla por múltiples recunchos.

A MEMORIA de Galicia está diseminada entre as lembranzas das xentes que viviron, amaron, sufriron, odiaron, afogaron ou seguiron a flote no medio dun tempo que non foi doado…

escuela-miliciana

Foto Archivo Rojo / Fonte: Ver

A MEMORIA histórica non é máis que a lembranza de todas aquelas vidas que fixeron o camiño ata chegar a nós…

Os anos da guerra e da postguerra serán o cadaleito de moita xente boa… os que seguiron vivos e as que seguiron vivas lembran canda nós cada unha das vivencias da súa nenez ou da súa mocidade, porque a MEMORIA histórica de Galicia está tamén no inmaterial das súas horas vividas…

evacuacion-4

Foto Archivo Rojo / Fonte: Ver

Elas, eles, protagonistas involuntarios dun tempo duro, fan que a memoria se manteña acesa cada día que nas súas voces se conta unha historia daquel tempo…

 

 

Fragmento do audiolibro recopilatorio de testimonios sobre diferentes temas no período da Guerra Civil e da Postguerra española en Galicia.

Música por Javier Prado e Klaus Martin

Guión Cristina Corral Soilán

Si te gusta este artículo, ¡compártelo!

Dejar una respuesta