domingo 19 de noviembre de 2017 -
A Revolta | Magazine Cultural Online

ROSALÍA E IBARBOROU, VIAXE DE URUGUAI A PADRÓN

rosaliaFront

A literatura escrita en lingua española deixou entre as xoias líricas da humanidade o recordo de dúas mulleres, poetas, que viviron en épocas diferentes pero que, con todo, seguiron unha traxectoria poética moi similar: Rosalía de Castro primeiro e, anos máis tarde, Juana Fernández Morais, coñecida no mundo literario como Juana de Ibarbourou.

Malia que son varios os teóricos que apuntan á idea de que os versos de Rosalía calaron fondo na persoa de Juana, existen poucos estudos que o demostren de xeito conceptual cando, sen dúbida, son moitos os vínculos familiares que unían a Juana coa terra galega xa que o seu pai era dun pobo da provincia de Lugo. Como proba de tales vínculos quedaron os vestixios que a mesma Galicia deixou na súa poesía, e a pegada da escritora galega Rosalía de Castro é un deles.A raíz galega na obra de Juana de Ibarbourou
A emigración é dende hai séculos unha das constantes socioculturales que vinculan a terra galega con Hispanoamérica. E esta constante é a que engarzaría a vida de Juana de Ibarbourou con Galicia.
A mediados do século XIX nace, no municipio lucense de Vilanova de Lourenzá, Vicente Fernández, o pai de Juana de Ibarborou. Quen por motivos familiares emigrará a Montevideo ata chegar máis tarde a Cerro Largo onde nacerá o 8 de marzo de 1895 a escritora. O seu vínculo coa terra paterna manifestarase coas súas palabras cando toma o seu sillón na Academia de Letras Uruguaias. No seu discurso, a escritora recordará a súa infancia e a presenza do seu pai que acenderá nela a chama da raíz galega que sempre a acompañou na súa forma de ser e na súa obra:(…) Era español mi padre (…) cuánto le debe América, poblada por la emigración a esos hombres recto, activos, fuertes y líricos… Así era mi padre y reconozco en él y en su tierra una de las raíces de mi poesía, en la que romanticismo y naturaleza se hacen verso que ha llegado al alma de la raza (…)Pero non só na súa prosa reside a lembranza do seu amor á terra do seu pai, tamén aparece reflectido nos seus versos:

Patria de mi padre, luminosa y grande,
Qué profundamente te quiero también.
Me crié soñando con tu maravilla,
No quiero morirme sin verte una vez.

Cuando a ti yo llegue, has de conocerme
Por el gozo trémulo, por la palidez,
Por la emoción honda de risa y de llanto,
Por el canto puro que te llevaré.

Con el niño mío, que también te ama,
¡oh! Galicia mía, hemos de traer,
a la tierra india que amparó a mi padre,
de tu hechizo y tu placidez.

Non hai dúbida de que, segundo as súas propias palabras, a alma de Juana sentíase moi galega, algo que os seus coñecían, non en balde o seu propio marido chamábaa cariñosamente “la galleguita”, tal e como ela conta con motivo da inauguración o 8 de xuño de 1963 en Vilanova de Lourenzá, pobo do seu pai, dunha biblioteca que levará o nome de ambos: “Biblioteca Vicente e Juanita Fernández”.
Podemos engadir a todo iso as palabras de Dora Isella Russel na biografía da poetisa, sobre a profundidade desa “herdanza paterna” da que ata aquí falamos:
(…) O pai, pois, naceu en Galicia, nesa terra doce e recia que se fai amar polos seus fillos dondequiera que vaian; de el herda a nena un sentimento profundo que a ligará estreitamente sempre, ás cousas que constitúan o seu cotián universo (…)

 

Influencia rosaliana en Juana de Ibarbourou

Tras realizar un percorrido pola obra poética de Juana de Ibarbourou non resulta difícil atopar unha clara similitude entre a obra de Rosalía de Castro e Juana. De feito existen numerosos documentos escritos pola propia Juana que falan da escritora galega como inspiradora de moitos dos seus versos, un deles o discurso que xa mencionamos con anterioridade e que lle serviu para entrar na Academia das Letras Uruguaias, nel dicía:

(…) Era español mi padre, y bajo el rico dosel del emparrado solía recitar enfáticamente los cantos de Espronceda y las dulces quejas de su nemorosa Rosalía de Castro. Nunca conocí fiesta mayor. Y ahí está lo que puede llamarse el génesis de mi vocación poética, o, con más propiedad, el comienzo de su ejercicio (…)

Non pode haber unha afirmación máis clara que evidencie o resultado de tan cedo coñecemento da literatura da escritora galega. A propia Juana afírmao, foi a lectura que o seu pai facía dos versos rosalianos a que fixo nacer o xermen da poesía de Juana de Ibarbourou.

Similitudes poéticas

Ao ler a súa poesía podemos darnos de conta de como Juana herdou, das múltiples formas da galeguidade unha das máis profundas: o panteísmo de raíz celta. A través da conxunción coa natureza Juana, expresa o seu xeito de ser e de sentir. Así o afirma tamén Carlos Alberto Zubillaga cando di de Juana que “como as grandes da lírica galega, ela tamén sente a presenza vitalizadora de todo o creado”. Esta inclusión no grupo das grandes da lírica galega, permítenos deducir que non é tan disparatada a idea de similitude entre as obras de Juana e Rosalía.
Pero as similitudes de ambas voces líricas ponse de manifesto nos seus libros e na temática destes. Así, veremos como a maior parte da obra de Rosalía é de temática melancólica polo que á poesía intimista refírese. É neste punto onde converxen especialmente e de xeito case transparente As linguas de diamante de Juana de Ibarbourou e Follas Novas de Rosalía de Castro. Do mesmo xeito que As linguas do diamanteFollas Novas, divídese en varios libros, dos cales debemos destacar os tres primeiros por gardar grandes semellanzas co libro de Juana especialmente se nos fixamos nos catro temas que ambas autoras tocan.
A morte por exemplo, é para Rosalía o inimigo, pero que con todo preséntase co disfraz romántico dos autores do momento. Nela está en ocasións a solución para a autora de todos os problemas que a angustian e que a miúdo atormentan á súa alma.

BASTA UNHA MORTE

Cala, can negro, n´oubees
Á porta de quen ben quero
Corvos no voedes por riba
D´o sobrado ond`e está enfermo.
C`o teu resprandor <<compaña>>,
Baite, non lle poñas medo.
S´es que queres que alguen morra,
Eu sei d´un san que contento
Por el déravo-la vida
E irá con vosco ós infernos.

Juana tamén nos fala na súa obra da morte; ela non lle tiña medo tampouco e o seu desexo era sobrevivir unha vez morta, como beleza contemplada, algo que se reflicte perfectamente nos seus poemas:

VIDA – GARFIO

Amante: no me lleves, si muero, al camposanto.
A flor de tierra abre mi fosa, junto al riente
Alboroto divino de agua pasajera
O junto a la encantada charla de alguna fuente (…)
(…) yo sé que acaso nunca allá abajo
Mis manos podrán estarse quietas.

Con todo, e malia que ningunha das dúas teme á morte, ambas comparten a imaxe metafórica tan discutida na obra de Rosalía, a sombra. Ao longo da obra de Rosalía aparecen referencias a estes mortos-vivos aos que chama sombras e que nada ten que ver, por certo, coa “negra sombra”, tamén característica da obra rosaliana.
As sombras da poesía de Rosalía de Castro non pasan desapercibidas para a autora de As linguas de diamante que tamén adoptará esta imaxe da escritora galega e incluiraa en varios dos seus poemas. Neles a protagonista é habitualmente a morte:

En Juana:

REBELDE

“Caronte: yo seré un escándalo en tu barca.
Mientras las otras sombras recen, giman o lloren,
Y bajo tus miradas de siniestro patriarca,
Las tímidas y tristes, en bajo acento oren. (…)

VIDA – GARFIO

“(…) Yo sé que nunca allá abajo mis manos
Podrán estarse quietas.
Que siempre como topos arañarán la tierra
En medio de las sombras embrujadas y prietas (…)

En Rosalía:

Una sombra tristísima
Indefinible y vaga
Como lo incierto, siempre ante mis ojos va,
Tras de otra vaga sombra que sin cesar la huye
Corriendo sin cesar.
Ignoro su destino…; mas no sé porque temo
De ver su ansia mortal,
Que ni han de parar nunca, ni encontrarse jamás.

Rosalía

Vemos tamén a inclusión do tema da pena como un elemento constante nas dúas escritoras; esta analoxía temática chega ata tal punto que non é difícil atopar en Juana poemas dunha extraordinaria similitude cos de Rosalía:

En Juana:

ESTA PRIMAVERA

Vino la primavera, pero no para mi,
Que el mirar optimista para siempre perdí.
Ya no más amarillo, rosa, azul, amatista,
Un color de ceniza cobra todo a mi vista.
Por el campo de piedras que rodea mi casa
La nueva primavera sin detenerse pasa.
Y en el triángulo estéril que es hoy mi corazón,
Sólo ha brotado el hongo de la desolación.
De los prados lejanos recogerán los vientos
Sahumos de resinas, de musgos, de sarmientos
Reverdecidos. Luego, al volar sobre el mar,
Con olor de salitre se podrán saturar.
Aquí no. El peñasco muerto y gris no da nada;
Ni vahos de arboledas ni olor a agua salada.
Y en mi alma, que antes era un poco de aroma,
Hoy ninguna fragancia en este Octubre toma.

En Rosalía:

Qué pracidamente brilan
Ó río, á fonte y ó sol.
Cánto brilan…, máis non brilan
Para min non.
Cál medran herbas e arbustos,
Cál brota n´árbor a frol;
Mais non medran nin frorecen
Para min, non.
Cál cantan os paxariños
Enamoradas canciós:
Maís anque cantan, non cantan
Para min, non.
Cál a Natureza hermosa
Sorrí a mayo qu´a mimou;
Mais para min non sorrí,
Para min, non.
Sí…, para todos un pouco
D´aire, de luz, de calor…
Mais si para todos hay,
Para min, non.
¡E ben!…xa qu´aquí n´atopo
Aire, luz, terra nin sol.
¿Para min n´abrá un-ha tomba?
Para min, non.

Tamén no seu libro Raíz Salvaxe, Juana non deixou de beber dos versos da obra poética de Rosalía, nel aparece o tema do suicidio que será recurrente na obra das escritoras.
Para Juana, o suicidio segue sendo un paso tranquilo, sen fatigas e cheo de dulzura espiritual para a súa alma:

EL ESTANQUE

(…) Si una tarde mi cuerpo ardoroso y delgado,
al estanque, lo mismo que un pedrusco, resbala,
con idénticos gestos misteriosos, pausados,
cerrará detrás suyo sus dos labios al agua.

Será un círculo ancho y ondulante, primero.
Luego otros y otros más pequeños y graves.
Después, nada… la calma, la tersura, el silencio,
Y otra vez el reflejo verdeluz de los sauces.

Esta mesma idea aparecía xa nos versos de Rosalía cando Juana os lía:

XVIII

(…) Co seu sordo e constante marmorío
atraim` ó oleaxan d´ese mar bravío,
cal atrái d´as serenas ó cantar.

Él namorado está de min…, ¡o deño!
Y eu namorada d`él.
Pois saldremos c´o empeño,
Que s´él me chama sin parar, ¿eu teño
Un-has ansias mortais d´apousar n`el!…

Cabe sinalar por novidoso e malia que Rosalía e Juana viviron épocas moi dispares, o feito de que ambas nalgún momento da súa vida pareceron sentir esa discriminación á que estivo sometida a muller, por ser non só capaz de sentir senón tamén de escribir o que sentía e que reflectiron na temática da súa obra.
Así entre os múltiples personaxes que interveñen en Cantares Galegos de Rosalía adquiren especial relevancia os pertencentes ao sexo feminino; a muller eríxese, polo tanto, como protagonista das estampas, homenaxe que Rosalía bríndalle:

III

-Dios te bendiga todo, nena:
Rapaza Dios che bendiga,
Xa que te deu tan graciosa,
Xa que te dou tan feitiña (…)
(…) – Dios vos garde, miña vella;
gárdevos Santa Mariña,
qu`abofé sós falangueira,
falangueira en ben cumprida (…)

Rosalia

Xusto ao comezo de Follas Novas, no primeiro poema do libro. Rosalía expón con certo sarcasmo a situación da muller no panorama literario do seu tempo:

Daquelas que cantan ás pombas i as frores,
Todos din que teñen alma de muller
Pois eu que n´as canto, Virxe da Paloma,
¡Ai!, ¿de qué a terei? (…)

A personalidade de Rosalía desborda, en efecto, os esquemas habituais da literatura romántica. Isto será algo que non pasa desapercibido para Juana de Ibarbourou na súa admiración cara á escritora galega. Ademais Juana sente tamén, dalgún xeito, esa incomprensión nun mundo de homes e así o expresa coa metáfora de “camiñar” nun dos seus poemas:

MUJER

Si yo fuera hombre, ¡qué hartazgo de luna, (…)
Cuando así me acosan ansias andariegas,
¡Qué pena tan honda me da ser mujer!.

En La rosa de los vientos Juana de Ibarbourou volve levarnos unha vez máis ás páxinas escritas por Rosalía nos seus anos de vida, nesta ocasión con temas como o do eloxio á terra. Nas súas páxinas prodúcese unha alusión continua, por parte de Juana, á súa terra americana e ás súas paisaxes:

ENCUENTRO
(…) La montaña y la pampa, la colina y la selva
La altiplanicie brava y los llanos verdeantes,
Donde pasta la vaca y galopa el bisonte,
Están más cerca nuestro que el mar invulnerable (…)

juana1

Tamén Rosalía recorre nos seus poemas á temática paisaxística que ademais de inspirar os seus versos constitúe un subterfuxio para a súa alma colmada de amarguras:

NIN AS ESCURAS
II
Xigantescos olmos, mirtos
Que brancas frores ostentan,
Unha con cogollos ainda,
Outras que o vento esfollea (…)

(…) Limoeiros e laranxos
Qu´ó verde musgo sombrean
Y olido esparcen al azar
Con que a xente se recrea (…)

Juana deixa traslucir nas palabras que aluden á paisaxe unha especie de morriña xorda pola súa propia casa e en especial pola terra. A mesma sensación será compartida por Rosalía de Castro que durante os seus anos en Castela tamén recordará continuamente a súa terra e o seu fogar.
Este sentimento de morriña que se apodera do alma galaica ao estar lonxe da terra quizais durma tamén no alma da propia Juana como herdanza eterna do seu pai, tema que tratamos xa noutra das hipóteses deste estudo.
A propia Juana do mesmo xeito que Rosalía sentiu esa nostalxia polo lar da que vimos falando:

ENCUENTRO
(…) Al tornar a mi casa he sentido en el viento
El vaho de mis campos fuertes de Cerro Largo
Me mana una alegría honda de reconquista
El ramo puro albea en mi mano (…)

Rosalía expresó su morriña de la siguiente manera:

¡TERRA A NOSA!
Baixo a prácida sombra dos castaños
Do noso bon país
Baixo aquelas frondosas carballeiras
Que fan doce o vivir;
Cabe a figueira da paterna casa,
Que chíos conta sen fin,
¡Que cantos pracenteiros, qué amorosas
falas se din alí! (…)

III
¡Que hermosa te deu Dios, terra querida,
desdichada beldá! (…)

Con estes pequenos exemplos quixemos traer aquí unha mínima dose de toda a semellanza poética que é posible atopar entre ambas escritoras. Deste xeito, a través da morte, o amor ou a defensa da muller, discorren axitadas as vidas de dúas mulleres de xeracións moi dispares, pero que se sentiron por encima de todo poetas.

Si te gusta este artículo, ¡compártelo!

Dejar una respuesta