domingo 19 de noviembre de 2017 -
A Revolta | Magazine Cultural Online
free_sahara_by_khaotico

Cando a ditadura de Franco estaba chegando ó límite, as vicisitudes españolas e un goberno pasivo e egoísta fixeron asinar un acordo no ano 1975 polo que se permitía a entrada do pobo marroquí na colonia española do Sahara Occidental. E así, pacíficamente e tras un tempo de incredulidade, o pobo marroquí entrou e colonizou o territorio que sempre fora Saharaui. Foi unha estratexia perfecta para o goberno, que sen manchar as mans de sangue conseguía ter no seu poder un territorio rico en materias primas. O pobo saharaui foxe do seu territorio. Descontrol e incertidume. De súpeto… “debo abandoar a miña casa, a miña rúa, a miña cidade e incluso as miñas xentes. Dun día para outro véxome cruzando o deserto andando ou en camello co pouco que as miñas máns poden soportar para unha viaxe tan longa e coa ilusa crenza de voltar o máis pronto posible ó lugar ó que a miña vida, e alma, sempre pertenceron”.

Fotografía: Alazne Arruti Bengoetxea

Fotografía: Alazne Arruti Bengoetxea

Disto xa fai case corenta anos, corenta anos daquela data na que só pobos como Alxeria  ofreceron a súa axuda e refuxio. Un refuxio que é area e ceo. Ceo e sol. Un lugar perdido do mundo no que agora viven aproximadamente  267.405 habitantes, tamén perdidos e sobre todo esquecidos.

Fotografía: Uxía Fouciños Vázquez

Fotografía: Uxía Fouciños Vázquez

Alí sobreviven esas persoas,  sen territorio pero con alma, que sofre o paso dos anos nun estado semiestable que os dana, que loita diariamente coas súas gañas de vivir e de ser libres. Pero aínda así o tamaño dos seus sorrisos é o máis grande endexamais visto. E queren loitar, e loitan cada día coa paz nas súas voces, caladas  por gobernos, medios, xornalistas e cidadáns. Caladas porque non se lles quere escoitar, porque están esquecidos, esquecidos na nada mentres sofren sen saber se algún día poderán ver o mar. O mar que lles trae a liberdade.

Non hai que darlles voz. Aminetu Haidar e  267.405 persoas xa teñen voz, hai que oílos. Hai que escoitar os berros de guerra das súas voces e fuxir da pasividade que se extende viral cada día nas nosas sociedades. Hai que tirar abaixo “o muro da vergoña” que coarta a liberdade dun pobo propio, con cultura, con ganas e con forza para medrar.

Fotografía: Uxía Fouciños Vázquez

Fotografía: Uxía Fouciños Vázquez

É a xustiza, que se cotiza moi alto nos nosos días. Pero as mans en alto tamén son xustiza, e o golpe enriba da mesa. Xa está. O sofrimento dunhas persoas que só poden pisan un solo areoso que non é deles ten que ter un fin. Ten que ter un fin polos seus sorrisos, que alumean a vida, porque son máis estables que as nosas vidas de Occidente.

Hai que falalo, nas casas e nas escolas, na rúa. Hai que condear a quen permite que as persoas non poidan medrar, que dependan sempre dunha axuda internacional que non chega. Que remate xa a vida que os leva a mirar cara o ceo agardando sempre que os outros países, xa con crise, non poden darlle. Necesitan ser libres, libres para poder dirixir as súas vidas e ser don@s deles/as mesm@s. Sen que gobernos alleos, e persoas sen alma lles gobernen ata os pensamentos. Liberdade por eles, polo paso adiante que hai que dar e polas  voces que deben berrar.

Fotografía: Alazne Arruti Bengoetxea

Fotografía: Alazne Arruti Bengoetxea

Isto non é máis que unha voz que fala (porque o silencio arríncame a vida) que o fai por xustiza, por convicción e por coñecemento de causa.

Fin do silencio, fin da pena, da tortura do encerro.

Liberdade para o pobo Saharaui.

 

 

Si te gusta este artículo, ¡compártelo!

Dejar una respuesta