sábado 23 de septiembre de 2017 -
A Revolta | Magazine Cultural Online

GALICIA DE LENDA (III): San Ero e o mosteiro de Santa María de Armenteira

Rosetón Armenteira

 

 

“¡Nunca tan gran maravilla

como Deus por este fez

polo rogo de sa madre

Virgen santa de gran prez!”

 

Cantiga 103

Cantigas de Santa María

Alfonso X o Sabio

Alfonso X de Castela, coñecido como O Sabio, non soamente pasou a historia pola súa condición de monarca, senón tamén pola súa faceta literaria. Nas máis que coñecidas “Cantigas de Santa María”, o rei narra unha serie de milagres acontecidos pola intercesión da Virxe; e, entre elas, a de San Ero de Armenteira, sobre a cal tratamos neste artigo.

bajacalidad02

Xa sinalaramos no anterior artigo (Galicia de Lenda: o castelo de Mesía) como a obra “Las leyendas tradicionales gallegas” do escritor coruñés Leandro Carré Alvarellos pode servir como material de apoio para iniciar andanzas que nos leven a escenarios de insólitas lendas. Recollía o anterior artigo que: “A obra de Carré Alvarellos está composta por unha ampla serie de lendas nas que o escenario son diferentes puntos da xeografía galega, clasificadas por temáticas: populares, relixiosas, fantásticas, históricas e novelescas”. A lenda “San Ero de Armenteira y el paraíso” está comprendida dentro das lendas relixiosas.

bajacalidad03

A parroquia de Santa María de Armenteira sitúase no concello pontevedrés de Meis; nela encontramos o mosteiro cisterciense que leva o mesmo nome, nun magnífico enclave natural.

Desbajacalidad07de o punto de vista arquitectónico, o mosteiro conserva vestixios de diferentes épocas. Do primitivo conxunto monacal consérvase a igrexa románica, da cal cómpre salientar a cúpula de influencia mudéxar, o rosetón da fachada principal e as arquivoltas na porta da mesma. O interior do templo é un exemplo da austeridade que manteñen todos os edificios construídos pola Orde do Císter. De época posterior data o claustro (séculos XVI-XVII). No exterior, unha muralla e un fermoso cruceiro completan o conxunto.

Conta a lenda que San Ero, señor daquelas terras, cansado do mundo e as súas vilezas, fundou un mosteiro. Sendo logo abade daquel santo recinto, San Ero, moi devoto da Virxe María, pedíalle a esta nos seus rezos que lle mostrara o Paraíso. Un día, sentado á sombra dunha frondosa árbore, na horta que visitaba con frecuencia, preguntoulle o monxe á Virxe que sería o Paraíso e senón podería velo antes de abandonar o terreal mundo. Foi entón cando un paxariño, posado nunha póla da árbore baixo a cal descansaba o monxe, comezou a cantar. E así, naquel escenario tan gustoso, San Ero permaneceu trescentos anos, desfrutando arroubado de tan belo escenario. Cando se levantou, San Ero regresou ao mosteiro, sen recoñecer nin o templo ni os monxes que agora alí residían. Foron estes últimos os que, abraiados, entoaron os versos que recolleu Alfonso X o Sabio nas súas cantigas, cos que encabezamos este artigo.

bajacalidad05

Máis información

Fotografía: María Berini

bajacalidad04

Si te gusta este artículo, ¡compártelo!

Dejar una respuesta