jueves 30 de marzo de 2017 -
A Revolta | Magazine Cultural Online
dontgiveup

O alumnado de 1º de primaria está na cola para saír da aula e voltar á casa. María é miúda pero chegou a primeira, feliz e fachendosa polo éxito, agarda a que toque o timbre e ser por fin hoxe a que encabece á fila.

Hoxe sairá a primeira. Acadou o seu posto soiña. É seu.

Pasan os segundo e á cola chegan máis nenos e nenas. Dous deles póñense detrás de María, empezan a xogar, pero a cousa tórcese e as brincadeiras pasan a empurróns, e María, que ata entón se mantivera firme e leda, empeza a se asustar… “ao final daránme a min”, pensa, “e quererán quitarme o posto”, “e xa non poderei ser a primeira”…

A pelexa segue e chegan os forcexeos, e máis tarde os golpes… os nenos son altos, fortes e brutos… e María, aínda que foi a primeira, segue a ser miúda… Os golpes aparecen finalmente tamén para ela, na trifulca alguén a desplaza, alguén a manca… e veñen as bágoas… así que agarra a súa mochiliña de rodas, e saloucando chea de mocos, deixa o primeiro posto da cola moi disgustada, polos golpes do corpo, si, pero tamén polos da alma.

María xa non é a primeira, aínda que o posto sempre foi seu, porque o conseguiu por méritos propios.

A escola é sen dúbida un trasunto da sociedade que está “aí fora”… por iso cómpre empezar por ela… por todas as Marías que chegaron e chegarán primeiro á cola…

Loitaredes por nós?  Loitaredes con nós?

 

Si te gusta este artículo, ¡compártelo!

Dejar una respuesta